O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Leiro vamos presentar un escrito o
equipo de goberno do concello de Leiro, para que aumenten de urxencia o número de
prazas do campamento de verán.
Unha nova tan boa como a posta en marcha do servizo de madrugadores, da cal nos
alegramos e era unha necesidade para as familias do noso concello, facilitando a
conciliación familiar. Non pode verse empañada coa baixada de prazas do campamento
de verán a 20 nenos, cando xa o ano pasado con 30 prazas cubríranse todas, quedando
xente en lista de espera.
Dende o BNG, pensamos que o número de prazas debería ser polo menos para todos os
cativos censados entre 3 e 12 anos, idades que se especificaban nas bases, non
limitándoas a 20 tendo en conta que a poboación aumenta no verán, deberíanse
incrementar nesta campaña estival. Aínda que nas bases da convocatoria se marcara
ese número de prazas instamos ó concello a que aumenten un monitor, vista a demanda
da actividade, xa que polo menos unha decena de cativos quedaron fóra, sendo 3 deles
censados no concello de Leiro, provocando un agravio a estas familias.
Tamén queremos denunciar a mala praxis xa que nas bases da convocatoria puxeron as
datas de inscrición do 26 o 28 de xuño, e sabemos que o venres 23 había cativos
apuntados. Pensamos que as bases feitas polo goberno non deberían saltarse, máis
cando se especificaba que o criterio de selección sería por “rigorosa orden de entrega de
solicitude”, o cal non fixo ter a todos as mesmas posibilidades á hora de optar a estas
prazas.
Por todo isto, queremos ter unha reunión canto antes co alcalde para intentar solucionar
esta situación e que aumenten polo menos un monitor para que os cativos que quedaron
en lista de espera poidan optar ó campamento deste verán.