Presas: “O voto útil en Ourense é o voto ao BNG”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A cabeza de lista do BNG chama por primeira vez nesta campaña a “votar masivamente ao BNG para defender os intereses os intereses de Ourense e parar a dereita”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Imos quitarlle o último escano ao Partido Popular” afirma Presas

Ourense, 7 de xullo de 2023. A cabeza de lista do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, inicia a campaña electoral acompañada pola militancia e simpatizantes da organización no Parque de San Lázaro chamando por primeira vez a vota de forma masiva ao BNG. Presas sinala que, nestas eleccións, o voto do BNG vale dobre porque “servirá para defender os intereses de Ourense e para parar a dereita”, xa que presenta a organización nacionalista capaz de rachar co bipartidismo clásico.

“Hoxe comeza a campaña electoral e saímos a por todas. Hai un Ourense que non se resigna, que sabe que Ourense merece máis e nós somos o voto desa cidadanía que non se conforma” asevera Presas. Neste sentido, explica que o voto ao BNG nestes comicios é un voto que vale dobre porque, ademais de parar a dereita, será o voto na defensa dos intereses de Ourense. Da mesma forma que nas galegas lle quitamos o último escano ao Partido Popular, desta volta volverémolo facer: imos frear a dereita” afirma.