O Auditorio de Vilamarín acolle do 10 ao 14 de xullo a XXXIV edición das Noites Teatrais, coa posta en escena de cinco espectáculos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O auditorio municipal de Vilamarín acollerá do 10 ao 14 de xullo a XXXIV edición das Noites Teatrais, cunha programación con cinco espectáculos a cargo doutras tantas compañías galegas. A cita está organizada polo Concello de Vilamarín co apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A presentación do ciclo tivo lugar esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial coa participación da vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; e a concelleira de Cultura de Vilamarín, Marina Rodríguez. 

O vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández, destacou o peso específico dun ciclo que está “perfectamente consolidado dentro do panorama cultural galego”, recoñecendo o esforzo do Concello de Vilamarín por “organizar cada ano as Noites Teatrais, cunha proposta chea de obras interesantes que demostran a aposta deste municipio pola cultura”. 

Pola súa banda, o alcalde de Vilamarín agradeceu o apoio da Deputación e Xunta de Galicia para celebrar unhas Noites Teatrais que son “unha verdadeira referencia”. 

A concelleira de Cultura, Marina Rodríguez, debullou a programación dun ciclo que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilamarín, do luns 10 ao venres 14 de xullo, ás 22,00 horas con entrada libre. A programación completa da XXXIV edición das Noites Teatrais de Vilamarín é esta: 

. Luns 10 de xullo: “Quen dixo medo!”, do grupo de teatro de Vilamarín

. Martes 11 de xullo: “De algo hai que morrer”, de Malasombra (A Estrada)

. Mércores 12 de xullo: “Unha inimiga do Pobo”, de Talía Teatro (Santiago) 

. Xoves 13 de xullo: “Caldas e Mancho: Rir”, de Zinemusik (Ourense)

. Venres 14 de xullo: “A lingua das bolboretas”, de Sarabela Teatro (Ourense)