O Mago Teto convidou aos máis pequenos a adentrarse no mundo da lectura

Dentro do programa da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, da que forma parte a Biblioteca do Carballiño, e o programa “Ler conta moito, o Mago Teto ofreceu esta mañá o seu espectáculo “A maxia dos contos”, para os máis pequenos.

A actividade constou dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas. E por arte de maxia cada conto, vai acompañado dun xogo relacionado coa historia.

AVANTAR ACTIVIDADES