O pasado xoves tivo lugar o primeiro pleno da nova corporación do concello do Carballiño. Foi unha sesión de trámite para a aprobación do funcionamento municipal, cas novas áreas, seis comisións e periodicidade dos plenos. Caracterizouse por ser unha sesión tensa, con enfrontamentos entre os grupos. Para o alcalde, esta lexislatura preséntase como un futuro de diálogo para alcanzar acordos, que xa vaticinaba que non habería con todos os grupos.
Un dos puntos primordiais nos que farán falla acordos, e que se plantexará como un reto serán os orzamentos. Este ano, a causa das eleccións, estarán os do pasado ano prorrogados, pero o equipo de goberno quere comezar cos novos xa en setembro.