A secretaría provincial de migracións do Psoe denuncia que Feijóo quere derrogar a lei de memoria democrática “deixando en suspenso as peticións de nacionalidade”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Se o PP derroga esa lei, Feijóo vai deixar a moitos dos descendentes no exterior desprotexidos e colgados, dado que unha nova lei precisa trámites, asignación de orzamento ou debate de emendas parlamentarias”, afirma Luís Gulín

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 17 de xullo de 2023. A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que o candidato do Partido Popular á presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, quere derrogar a Lei de Memoria Democrática “deixando en suspenso as peticións de nacionalidade”. Os e as socialistas critican que o candidato do PP pretenda derrogar varias leis, entre elas a de Memoria Democrática, de vital importancia para moitos emigrantes.

Dende a área de migracións do PSOE ourensán explican que “á vista das miles de peticións de nacionalidade tramitadas nos últimos meses ao amparo desa lei, esta secretaría provincial de migracións recibiu múltiples queixas e preocupacións de colectivos no exterior, en especial desde América, por estas declaracións de Feijóo no debate electoral”. Tal e como apunta o secretario provincial de migracións, Luís Gulín, “algúns deles son descendentes de vítimas da ditadura franquista que se exiliaron en México, Arxentina, Uruguai e EE.UU, que deixaron familiares e amigos nas fosas comúns”. Con esta recuperación da nacionalidade española aspiran ao mesmo tempo a un recoñecemento de ser vítimas do golpe de estado do 36.

“Se o PP derroga esa lei, Feijóo vai deixar a moitos dos descendentes no exterior desprotexidos e colgados, dado que unha nova lei precisa trámites, asignación de orzamento ou debate de emendas parlamentarias”, afirma Gulín, que tamén indica que “mesmo se enfrontaría a posibles demandas contra o Estado español polo tempo perdido e en moitos casos polos trámites iniciados co diñeiro gastado en conseguir a documentación requirida”.

Neste senso os e as socialistas de Ourense lembran que “ao señor Feijóo, o colectivo de emigrantes retornados de Europa segue esperan até hoxe en día, unha desculpa do señor Montoro, ministro de Facenda con Rajoy, pola inxustificada caza no seu momento as pensións estranxeiras”. Neste senso, o secretario provincial de migracións do PSOE ourensán apunta que “Feijóo presidía nese momento á Xunta de Galicia e puido ter ofrecido os servizos da consellería de Facenda para atender as demandas dos retornados e asesoralos na temática da dobre imposición das pensións estranxeiras”. Até hoxe en día os miles de retornados de Suíza, Alemaña, Francia, Holanda, Bélxica, Luxemburgo e Reino Unido seguen esperando o cumprimento desa promesa.