Un total de 20 persoas desempregadas dos municipios de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín participan no obradoiro ‘Vía da Prata II’, centrado en tarefas de albanelería e cantería e asistencia sociosanitaria, e que supón un investimento de 500.000 euros por parte da Consellería de Emprego.
A responsable deste departamento da Xunta, Elena Rivo, desprazouse neste mediodía ata o núcleo de Faramontaos de Viña, onde o obradoiro de emprego está a recuperar un lavadoiro público.