O biker carballiñés do Academia Postal-Maceda conquistou o título nacional na categoría júnior, mostrando a súa espectacular progresión para coroarse en Sabiñánigo.
Formado na escola do club ciclista Carballiño por tanto e producto da canteira local e que este ano iniciou a sua etapa na escola de Maceda unha das máis prestixiosas a nivel de estado e que lle permite competir a nivel internacional, donde xa debutou esta tempada en varias probas da copa do mundo junior
O galego Alejandro García superaba aos ciclistas de BH Hugo Franco e Joan Mir, que partían como grandes favoritos para alzarse co título nacional. Franco, Mir, García e Villar posicionáronse pronto na cabeza, a pesar dos intentos de Martí Carrillo de agarrarse. Este cuarteto mantívose na cabeza vixiándose, ata que García atacou na penúltima volta e rompeu a paz. O galego manexou no último viro unha vantaxe de 20 segundos sobre Hugo Franco e 40 sobre o dúo formado por Raúl Villar e Joan Mir, o que facía presaxiar que o título se ía a ir para terras galegas. Alejandro García entrou en liña de meta cunha vantaxe de 35 segundos sobre Hugo Franco e 50” sobre o rioxano Raúl Villar, que se desfixo de Joan Mir para colgarse o bronce.