Os grupos ‘The Impossiblues’ e ‘Susie q’s’ retoman hoxe o festival ‘Feito no Carballiño’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O programa deseñado pola Área de Cultura do Concello de Carballiño para estas dúas últimas semanas do mes de Xullo contempla a celebración, mañá, dos dous concertos aprazados do ciclo ‘Feito no Carballiño’. A cita será na praza dos Irmáns Prieto, dende as 8,30 da tarde, coa actuación dos grupos locais Susie Q’s e The Impossiblues, logo do gran éxito obtido en Pazos de Arenteiro no festexos de A Batalla.