Fumega valora o plan de sostenibilidade que permite investir un millón de euros en infraestructuras turísticas

O Consello da Xunta vén de dar o visto bó ao Plan de Sostenibilidade Turística nomeado “O Carballiño e a gastronomía do Pulpo”, una iniciativa presentada polo Concello e que está dotada cun orzamento dun millón de euros, concedidos polo Goberno central dos fondos europeos Next Generation. O obxectivo principal deste plan é a promoción da vila do Arenteiro coma destino enogastronómico de primeiro nivel, cunha serie de actuacións transformadoras en diferentes áreas entre o presente ano e 2025. Entre os proxectos máis destacados que se levarán a cabo están a mellora de espazos no Parque municipal e Parque Etnográfico; a posta en marcha do Museo do Papel; a ampliación do paseo fluvial do Arenteiro ata O Bañiño de Arcos e a renovación do alumeado do templo da Veracruz.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, fíxonos unha valoración sobre a aprobación deste plan:

AVANTAR ACTIVIDADES