O Carballiño: Avenida de Compostela Rapariz e Framia nos anos 60. Comercios e profesionales

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)

Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Santiago-Cacho-callejero-2.jpg

Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos. 

A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:

https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html

Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.

A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.

A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.

BADAL NOVAS

Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.


RAPARIZ – FRAMIA

A esta rúa coñecíase co nome de estrada de Cea. Esta vía cruzaba tres barrios: Rapariz, Framia e A Uceira. De maneira aproximada, Rapariz estendíase desde Catro Camiños ata a desviación para Arcos, hoxe rúa de Piñor.

A prolongación desta travesía ata Lousado, pasando por Trigás ,efectúase en 1922.

Acta de apertura de expediente, diciembre, 1922

Alí comezaba Framia que se expandía ata a estrada da igrexa de Arcos, hoxe rúa do Volante e, desde alí, considerábase xa A Uceira, onde se construíron as “Casas Baratas”. En Rapariz, Framia e Arcos, vivían a maioría dos pulpeiros do Carballiño.

Solicitud de apertura de la nueva vía. 1924

A numeración da rúa dos anos 60 non corresponde coa actual. Situamos os establecementos co número actual.


1 ZOQUEIRO “O BARAXIL”

O señor RAMÓN SANMARTÍN, coñecido por “O Baraxil”, exercía a profesión de zoqueiro nunha casiña de Catro Camiños que facía esquina coa estrada de Cea. A pesar da súa constitución física, era un traballador incansable.

Casita que se ve a la derecha de Paco da Celia
El texto se refiere a la casa que se ve a la derecha de la foto 
Ninguno de los pares de zuecos que aparecen en esta foto fueron YA hechos por el señor Ramón
Cuatro Caminos. Google, 2019

8 PUERTAS GONZÁLEZ

FRANCISCO GONZÁLEZ PEREIRA, orixinario de Ourense, tivo o seu negocio no baixo e o seu domicilio no segundo piso da casa coñecida como de “ As Sacanas”.

Paco a la entrada de su finca en Serra Martiñá.
Permiso para rótulo. Septiembre, 1963

Paco e a súa esposa Dolores Elsa Rivadas Álvarez tiveron dúas fillas: Montse e Belén.


10 GRANJA AVÍCOLA CACHO

A propiedade tiña entrada por un caminito que se abría neste número, arrimado á vía do tren, hoxe rúa Serra Martíña.

Panorámica de 1955
Concesión de luz pública. 1960

O propietario da granxa SANTIAGO CACHO CACHO, coñecido como “El Castellano” ao ser natural de Valladolid, estaba casado con Carlota Rodríguez Pérez, da familia de “Os Lebre”.

Cuatro de los hermanos “Lebre” en el patio de la casa familiar del 19 de la rúa Cerca: Juan, Concha, Carlota y Amparo. 

    O matrimonio tuvo tres fillos: Lola, Tere y Santiago

A granxa dispoñía de espazo para un centenar de poñedeiras leghorn brancas en semi liberdade.


A renovación e ampliación supuxo a posibilidade de instalar unha incubadora para pitos, e de dispoñer do correspondente espazo para cría de pollas, de dúas pocilgas para porcas de recría e de cuadra para media ducia de tenreiros de engorde

Permiso para edificar. 1962

18 HOSPEDAJE “CASA BARANDAS”

Ademais dun trato persoal cordial, casa Barandas tiña fama no pobo porque as irmás preparaban unha excelente cociña caseira. Ademais de limpas, eran amables e simpáticas.

Revista Ambiente, 1955
Programa de fiestas de septiembre.
Santiago (marido de Celia), Celia y Cuca. En Sevilla.
Faro de Vigo. Diciembre, 1962
Programa de fiestas de Septiembre

27   MADERAS AROCAS

A fábrica de madeiras de NEMESIO AROCAS ocupaba un solar con acceso pola Estrada de Cea e o Camiño de Arcos.

Revista Ambiente, 1953

Nemesio estaba casado con MARUJA PAJARIÑO. O matrimonio tivo tres fillos: PEPE, ANTONIO “ TOCHO” E MARUJA.

Toñito Arocas “Tocho” en el campo de fútbol

A cheminea da fábrica era visible desde distintos puntos do pobo.

O obreiro que mellor recordo é o señor Fernández, pai de Herminio e José, amigos de xogos e futuros excelentes xogadores de fútbol.

Innumerables foron as veces que acompañei ao meu pai ao serradoiro para carretear leña, labra e serrín, cos que alimentaba a estufa do galiñeiro e utilizaba como base para recoller os excrementos das galiñas e os porcos.

Foi Tocho quen me ensinou a montar en bicicleta cunha da súa irmá. Hai moitos anos que nos deixou; pero a nosa amizade perdura, xa que o sigo lembrando.


41 MUEBLES BRAVO, ALMACÉN

Secundino Bravo Pérez ampliou o negocio construíndo un almacén no terreo que lle correspondeu en Rapariz, tras a repartición da herdanza.

Segregación de la propiedad. 1966
Permiso para construir. 1966

43 CARROCERÍAS  “PEDOUZO”

Estes talleres de carrocerías pertencían a JOSÉ GONZÁLEZ BUENO e ao seu fillo ANDRÉS GONZÁLEZ PEDROUZO.

Era tal a actividade do taller que chegou a ser molesta para a veciñanza.

Denuncias. 1965

Chegado o momento, foi o seu neto ANDRÉS GONZALÉZ CONDE quen xestionou a empresa ata pechala.


47 MADERAS “OS MANSOS”

A fábrica de madeiras dos irmáns FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, ETELVINO, MAXIMINO E AVELINO, era coñecida como a de “OS MANSOS”. As instalacións atopábanse no límite de Rapariz e Framia, con entrada pola desviación da estrada de Cea a Arcos, hoxe rúa de Piñor.

O responsable da fábrica era Etelvino estaba casado con Aurora Fernández, con quen tivo catro fillos: Etelvina, Carmiña, Benito e Jesús, familiarmente coñecido como “O Pisco”, membro da rondalla dos Poker.

“Pisco”, representando “O Estebiño” en el cine Alameda. 1963
Solar de lo que fue la fábrica.2019

PRODUCTOS REFRACTARIOS Y CERÁMICOS  ROGELIO OJEA

ROGELIO OJEA GONZÁLEZ creou a súa factoría na década dos cincuenta.

Revista Ambiente, 1953

A factoría funcionaba a pleno rendemento nos anos de referencia e as súas instalacións foron obxecto de intervencións municipais.

Disposición sancionadora de 1964

Secundábanlle na xestión os seus dous fillos maiores, Manolo e Rogelio

Rogelio, casado con Marujita Rodríguez “Rebusco”, faleceu moi xoven.

Multitudinario entierro de Rogelio Ojea


TRANSPORTES “O NOSO”  

ETELVINO LÓPEZ TORRES E FLORINDO GONZÁLEZ PEREIRA, situados en Framia, tamén se dedicaban a transportar viaxeiros e animais ás feiras da contorna. Os fillos de Florindo secundáronos un tempo, antes de emigrar a América. A filla de Florindo, Julita, puxo unha tenda de comestibles en Rapariz na década dos 70.

Lugar de Framia donde Florindo tenía el domiciñio y la cochera
Denegada la baja del padrón fiscal. 1966

AGRADECEMENTOS

En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.

Santiago Cacho e Manuel Amil

BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:

Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES

Moncho Fuentes

e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.

Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel



Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com


Manuel Amil Otero. Decembro de 2022