A xunta directiva de Club Deportivo Arenteiro deu por comezada hoxe a tempada de fútbol 2023-2024 coa apertura do prazo para a distribución dos carnés de socio da entidade, unha vez aprobado o incremento das cuotas na asamblea xeral celebrada días atrás e coa ilusión de poder disfrutar do equipo verde na súa nova andaina da categoría Primeira da Real Federación Española de Fútbol. O club abríu unha oficiña na rúa Rosalía de Castro do Carballiño para atender ás persoas interesadas en facerse socias ou renovar a afiliación.
O presidente da entidade, Argimiro Marnotes, explicou os detalles desta campaña de captación de socios.
Por outra banda, o responsable do club tamén fixo referencia ao estado das obras no campo de Espiñedo.