Máis de 1.000 comensais participaron na “Festa do chuletón” de Garabás

A parroquia de Garabás, no municipio de Maside, acolleu onte a 23ª edición da ‘Festa do Chuletón’, cunha afluencia que superou as expectativas da comisión organizadora. Así, foron centos os comensais de toda Galicia e doutras comunidades os que se achegaron ata o campo do San Pantaleón para degustar os máis de 1.000 chuletóns de 750 gramos que foron preparados á brasa polos veciños da parroquia. O prezo do menú, que incluía patacas e pementos fritidos, pan e bebidas, mantívose no mesmo prezo de 22 euros do ano pasado. O xantar e a sobremesa foron amenizados polo dúo Marathon.

Os cociñeiros xa tiñan a punto a preparación dos 750 quilos de carne de tenreira:

AVANTAR ACTIVIDADES

A satisfacción foi total entre os centos de persoas que acudiron a esta tradicional cita gastronómica.

E dende a organización convidan a repetir esta experiencia gastronómica: