Manuel Baltar: “O PPdeOU volveu a amosar a súa potencia electoral, contribuíndo á vitoria de Feijóo e sendo a forza máis votada en 88 dos 92 concellos da nosa provincia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O líder provincial do PPdeOU presidiu esta tarde a Xunta Directiva Provincial, reunida para valorar os resultados obtidos este domingo nas eleccións xerais

Manuel Baltar felicitou a Alberto Núñez Feijóo pola súa vitoria: O maior crecemento da historia electoral do PP nunhas eleccións xerais en España describe o perfil e a capacidade de Feijóo, un ourensán que, por certo, volve a ser profeta na súa terra

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

É unha nova vitoria incontestable do PPdeOU, resaltou Manuel Baltar, que puxo en valor recuperar o terceiro deputado por Ourense, un fito apoiado no crecemento en votos (+22.505) e en porcentaxe de apoio (+10,51%)

Co 49,92% dos votos, fomos a segunda provincia de toda España con maior porcentaxe de apoio ao PP ou a calquera outra forza política, sinalou o presidente provincial, que agradeceu a confianza dos ourensáns e o traballo dos compañeiros do PPdeOU● O líder dos populares ourensáns presentou esta tarde na sede provincial o informe das eleccións xerais, que foi aprobado por unanimidade polos integrantes da Xunta Directiva Provincial● “O resultado das eleccións xerais fala da potencia electoral do PPdeOU e do propio Alberto Núñez Feijóo”, explicou Manuel Baltar, que destacou a importancia de contribuír á vitoria do candidato ourensán recuperando o terceiro deputado pola provincia, “o obxectivo que nos marcamos dende o minuto cero desta campaña electoral”● “Esta é unha nova vitoria incontestable do PPdeOU, a forza política máis importante da provincia de Ourense”, resaltou Manuel Baltar, que incidiu no crecemento rexistrado polo partido na provincia: “Medramos en votos (+22.505) e en porcentaxe de apoio, un 10,5% máis ata acadar o 49,92%”● Nesta liña, Manuel Baltar destacou que, co 49,92% dos votos, Ourense foi a segunda provincia de toda España con maior porcentaxe de apoio ou a calquera outra forza política, sinalou o presidente provincial, que agradeceu a confianza dos ourensáns e o traballo dos compañeiros do PPdeOU● Manuel Baltar felicitou a Alberto Núñez Feijóo pola súa vitoria este domingo: “O maior crecemento da historia electoral do Partido Popular nunhas eleccións xerais en España describe o perfil e a capacidade de Feijóo, un ourensán que, por certo, volve a ser profeta na súa terra”● “Felicito a todos os compañeiros do PPdeOU pola gran campaña realizada”, destacou esta mañá o presidente provincial, que puxo en valor os sobresaíntes datos de apoio: “Fomos a forza política máis votada en 88 dos 92 concellos da provincia, unhas cifras que falan por si solas”

MANUEL BALTAR, PROPOSTO COMO SENADOR POR DESIGNACIÓN AUTONÓMICA

Esta mesma tarde, o Grupo Popular do Parlamento de Galicia comunicou que proporá ao presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, como senador en representación autonómica.  

Manuel Baltar trasladou o seu agradecemento ao presidente Alfonso Rueda, definindo esta proposta como “un reto importante, unha posibilidade para traballar arreo a prol de Ourense e Galicia, despois da miña etapa ao fronte da Deputación de Ourense (2012-2023) e no Parlamento de Galicia (2001-2012)”.