A Casa da Cultura do Carballiño acolle dende hoxe unha nova edición do Curso de Termalismo que organiza a Universidade de Vigo coa colaboración do Concello e no que participan máis de 20 estudantes aproveitando as quendas de verán. Ao acto inaugural desta vixésima sesión das antigas xornadas de termalismo, que se centrarán na oferta balnearia, acudiron o responsable da organización, Avelino Muleiro; o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal.