Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repiten dous dos filmes con mellores datos de público deste verán. Por unha banda, a última produción en familia de Santiago Segura, “Vacaciones de verano”. Poderase ver o venres e sábado ás 16:00 horas e ás 22:30 horas.

Por outra banda, o gran estreo desta tempada, “Barbie”, que se poderá ver o venres, sábado e domingo 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES