Mañá dará comezo a XXVIII Festa da Anguía de Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, celebrará a súa festa na honra da Virxe das Nieves. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán participar en actos relixiosos, gozar das variadas actuacións musicais e deleitarse cunha nova edición da Festa da Anguía, na que poderán degustar este exquisito peixe.

O venres 4 de agosto comezan os actos con pasarrúas a cargo dos gaiteiros Airiños de Caldelas. Ás 20:00 horas coa inauguración da XXVIII Festa da Anguía co acompañamento da banda de música Sorcha.
Pola noite o grupo Atenas e a discoteca móbil Euphoria animarán o festival.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado 5, nesta xornada, os asistentes poderán gozar, a última hora da mañá, do pasacalles a cargo da Banda Musical da Limia. Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne con procesión e a continuación terá lugar o concerto da citada banda que dará paso á sesión vermú no campo da festa.
Pola noite a gran festa correrá a cargo da orquestra Panorama e da discoteca móbil Euphonia.

Os asistentes poderán degustar anguías, os dous días, a partir das 20.00 horas.