Galicia acada no mes de xullo a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica por cuarto mes consecutivo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, confirmou a boa evolución do mercado laboral de Galicia. No mes de xullo, a comunidade acadou o número de paro máis baixo de toda a serie histórica por cuarto mes consecutivo con 127.445 persoas sen emprego, a mellor cifra de hai 27 anos. Liderou o descenso o sector primario, seguido da industria, da construción e dos servizos. Por colectivos prioritarios, as cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres son as menores da serie histórica.

Os menores de 30 anos contan cun plan de emprego específico para eles, o Plan Emprega Xuventude, para impulsar a formación e o traballo de preto de 1.900 persoas novas. Neste Plan enmárcase o programa Talento 30, para favorecer a contratación en empresas de menores de 30 anos con incentivos de ata preto de 20.000 euros por persoa moza

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO