O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén asiste á ‘IV edición da festa etnográfica do Pereiro’

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá en Pereiro de Aguiar á IV edición da Festa Etnográfica do Pereiro.

Da man do seu alcalde, Luís Menor, e tras percorrer as diferentes casetas, Gabriel Alén subliñou a contribución da Xunta á recuperación desta festa etnográfica a través dun campo de voluntariado enmarcado na campaña de verán da Consellería de Política Social e Xuventude.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais, tal e como a olería, cestería, talla en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos musicais co obxectivo de evitar que se perdan estas tradicións e poñer en valor esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros.