A Xunta estuda a colaboración co concello de Beariz para o aumento da base territorial das explotacións

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro do Medio Rural e a directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron unha reunión de traballo co alcalde desta localidade

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo un encontro co alcalde do concello ourensán de Beariz, Manuel Prado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xuntanza abordáronse diferentes temas de interese para o rural deste municipio, especialmente no relacionado coa posta en valor do territorio a través dos diferentes instrumentos que facilita a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, así como cuestións vinculadas á sanidade forestal.

Nesta liña, valoraron a posibilidade de mellora de certas infraestruturas rurais. Tamén se tratou a necesidade de fomentar o aumento da base territorial das explotacións, para mellorar a súa competitividade, mediante diferentes figuras que impulsa a Consellería do Medio Rural.