Luis Menor fai un recoñecemento “o labor das familias pulpeiras que levan xeracións facendo marca: O pulpo á feira”

O presidente da Deputación de Ourense participou este mediodía na inauguración da 61ª Festa do Pulpo do Carballiño, onde expresou o seu compromiso de colaboración cunha festa declarada de Interese Turístico Internacional, “que ten á súa vez un gran impacto económico que trascende á propia vila e á comarca” 

O Carballiño, 13 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou este mediodía na inauguración da 61ª Festa do Pulpo do Carballiño, onde quixo facer un recoñecemento “o labor das familias pulpeiras que levan xeracións facendo marca: O pulpo á feira”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Luis Menor, na súa primeira participación como presidente do goberno provincial, expresou o seu compromiso de colaboración cunha festa declarada de Interese Turístico Internacional, “que ten  á súa vez un gran impacto económico que trascende á propia vila e á comarca”. 

Durante a súa intervención no acto de apertura, Luis Menor referiuse á exposición que aínda pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación, titulada “Pulpeiras e Familia”. Unha mostra fotográfica que reúne a diferentes xeracións de trinta familias de pulpeiros do Carballiño e que, a través das súas ferramentas (tesoiras, caldeira, pratos, ganchos, aceiteira, saleiro e pementeira) “axudándonos a comprender mellor o seu traballo e, sobre todo, o amor a esta profesión”. Un labor que contribúe a que “moitísimas persoas sexan quen de falar e situar no mapa ao Carballiño”. 

Nesta liña, Menor expresou os parabéns ás familias pulpeiras, á organización e á cidadanía do Carballiño por esta xornada.