O Novo Cine de Leiro proxecta “Ninja Turtles”

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso cun filme de animación en familia: “Ninja Turtles: Caos Mutante”. Despois de pasar anos apartados do mundo humano, os irmáns Turtle propóñense conquistar o corazón dos neoiorquinos e conseguir que os acepten como mozos normais de quince anos realizando actos heroicos.

Poderase ver o venres e sábado ás 16:00 horas, 18:15 horas, 20:30 horas e 22:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES