O Bng de Cenlle critica a Adif sobre un novo corte no paso do ferrocarril no concello

Dende o grupo municipal do BNG de Cenlle achegamos a nota de prensa sobre un novo corte no paso do ferrocarril no concello de Cenlle por parte de ADIF.Este grupo municipal vén de reiterar a conduta desta empresa e os seus numerosos perxuizos, polo que levaremos o asunto ao pleno municipal.

NOTA INFORMATIVA

AVANTAR ACTIVIDADES

ADIF volve pechar pasos de servidume no concello de Cenlle, e o goberno
municipal ausente neste problema.
Recemente na parroquia de Laias a empresa ADIF, dependente do
Ministerio de Transportes, acaba de cortar outro paso nun camiño de uso
público. Isto dificulta o acceso a varias fincas, o cal obriga a usar rutas
alternativas de case un kilómetro.
Unha vez máis, chovendo sobre mollado, esta empresa, pola súa conta, e
sen importarlle a incomodidade que provoca á veciñanza, pecha un novo
camiño. Isto xa sucedeu na parroquia de Razamonde e Barbantes,
quedando, neste caso, vivendas incomunicadas co resto do núcelo
poboacional. O grupo municipal do BNG de Cenlle vén de presentar unha
moción para o vindeiro pleno coa fin de que o Concello se dirixa ao
Ministerio de Transportes, para instalos á procura dunha solución
axeitada, restituindo os pasos, colocando sinais luminosos (semáforos) e a
creación de pasos elevados e soterrados