Hoxe luns, festivo local no concello de Maside, celebraron as festas patronais do San Vitorio no seu último día. Contaron con misa e procesión, acompañados pola Banda de Música La Lira de Ribadavia para facer un percorrido polas rúas.
Despois dos oficios relixiosos do mediodía, a Banda de Música de Ramirás ofreceu un concerto na Praza Maior, mentres que as festas serán amenizadas esta noite polas orquestras Nueva Fuerza e Charlestón Big Band, rematando á medianoite cunha segunda sesión de fogos.