Homenaxe a Amadeo, Eloy, Julio e Silvio asasinados na Poza das Ras en Verea en 1936

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O 29 de agosto de 1936, na Poza das Ras foron tiroteados até a morte, e abandonados alí os seus corpos para espallar o terror entre a veciñanza, Julio González Álvarez, de 25 anos, natural de Verea e mestre en Gontán (Verea); Amadeo López Bello, de 32 anos, natural de Carballeda de Avia e mestre en Beiro (Carballeda de Avia); Silvio Torres Díaz, de 23 anos, natural de Ourense, chofer de profesión e veciño do Couto (Ourense); e Eloy Romero Luis, de 28 anos, natural de Vilardevós e farmacéutico en Leiro, que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense..

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Verea organizan este domingo, xunto coas familias, unha homenaxe a aquelas vítimas.

Ademais, o Comité e o Concello de Verea anunciarán que se solicitará ao Ministerio da Presidencia a declaración, ao abeiro da Lei estatal 20/2022, da Poza das Ras como Lugar de Memoria.

ACTO

Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras

– Interverán familiares das vítimas, o alcalde de Verea, José Antonio Pérez Valado, e a presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto.

DÍA

Domingo, 3 de setembro.

HORA E LUGAR

12,00 horas na Poza das Ras (Ourille, Verea).

Localización: https://maps.app.goo.gl/P4Sx4B7gATikVfTy