Programa completo das Festas do San Cibrao do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As festas patronais do Carballiño contarán con cinco orquestras, entre as que destacan a Orquestra Panorama e o grupo Assia, dúas das mellores formacións neste eido, tanto en Galicia como en Asturias, respectivamente. Tamén estarán as orquestras Status, Ritmo Joven e fuerza Nueva. Unha vez máis,dende a organización decidiuse que as actuacións comecen xa pola tarde, co fin de facilitar ó público infantil e ó de maior idade a oportunidade de disfrutar dos espectáculos. Ademais, actuará o grupo galego The Tetas’ Van, que realiza versións de clásicos do rock and roll, en inglés e en galego, reivindicando o papel da muller na escena galega.

No apartado de bandas de música, as festas contarán ca veciña Agrupación Musical de Boborás e, o día do patrón, ca premiada ( entre outros, no Certame Internacional da Cidade de Benavente) Agrupación Musical da Limia, que recuperará o espazo do Asilo para a súa actuación. Tamén estarán presentes charangas como Dr. Anchoa, CLK ou CastroBello, ou grupos de música tradicional galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O día de feira, o 16, será o día da tradicional gran tirada de fogo fixo e voador, un evento que os últimos anos reuniu a milleiros de persoas e que este ano repite escenario, a explanada da entrada ó Parque Municipal, co fin de cumprir todos os requisitos legais e de asegurar a comodidade dos usuarios.

Os máis cativos tamén terán o seu oco particular cunha gran festa infantil o día 18, festivo local, pola mañá. Nesta xornada poderán desfrutar dun baile a cargo de DJ.Tibu e ademais, dende a organización, se apostou pola recuperación dos xogos tradicionais como poden ser a “carreira de sacos”, a “pita cega”,  o “tira da corda”, ou os xogos da “ferradura” e da “silla”. No caso das atraccións, que estarán abertas do día 14 ao 20, será este último día o tradicional “Día do Neno”, no que se aplican descontos para os usuarios.

Nesta edición tamén se conta con varias actividades como dúas concentracións de coches, actuacións das corais da vila, exposicións fotográficas, un torneo de xadrez, moito fútbol e a tradicional Romaría da Saleta.

Por parte da comisión de Festas que se fai cargo da organización queren agradecer as aportacións  da veciñanza que, xunto co  Concello do carballiño, fan posible que se podan celebrar unhas festas que pechan o verán na provincia. Recordan tamén que este  sábado estarán na Praza Maior de 16:30h a 20:30h e o domingo de 10:30 a 14h, co fin de facilitar á veciñanza que poidan facer a súa aportación e levar o tradicional libro das festas, que este ano conta ca participación de varios escritores da vila que publicaron recentemente e con fotografías antigas de familias, “pandillas”  e persoeiros históricos da vila grazas á colaboración de José Luís Diz, que foi o encargado de facer o cartel tamén. Os libros tamén estarán a disposición do público na Oficina de Xestión da Recaudación, que se atopa na rúa Faustino Santalices. 

Venres 15
10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE
11:30 PASARRÚAS CHARANGA CASTRO BELLO
18:00 PASARRÚAS CHARANGA DR. ANCHOA
21:00 A 22:00 1º PASE GRUPO ASSIA (Praza Maior)
00:00 A 02:00 2º PASE GRUPO ASSIA

Sábado 16
10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE
11:00 MÚSICA GALEGA NA FEIRA
11:30 PASARRUAS AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS
12:30 CONCERTO AGRUPACION MUSICAL DE BOBORAS ( Praza Juan Corral)
18:00 CHARANGA CLK
19:30 PARTIDO C.D. ARENTEIRO- C.D. IRÚN
21:00 A 22:30 1º PASE ORQUESTRA STATUS (Praza Maior)
00:00 GRAN TIRADA DE “FOGO FIXO E VOADOR” (Parque Municipal)
00:30 CONCERTO THE TETAS’ VAN ( Rúa Calvo Sotelo)
02:00 a 03:30 2º PASE ORQUESTRA STATUS

Domingo 17
10:00 ALBORADA BOMBAS DE PALENQUE
10:00 1ª CONCENTRACIÓN DE COCHES ANTIGOS (Rúa Principal)
11:30 MISA SOLEMNE NA HONRA DE SAN CIBRAO
Participan:
AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA
CORAL POLIFÓNICA DO CASINO
13:00 CONCERTO AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA ( Asilo do Carballiño)
20:00 a 22:00 1º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA (Praza Maior)
23:00 a 01:00 1º PASE ORQUESTRA PANORAMA ( Veracruz)
01:00 A 02:00 2º PASE ORQUESTRA NUEVA FUERZA
02:00 A 03:00 2º PASE ORQUESTRA PANORAMA

Luns 18
11:30 OLIMPIADAS CO DJ.TIBU (Praza Maior)
Xogos populares :
Tira da corda
Pita cega
Xogo da Ferradura
Xogo da silla
Carreira de sacos
19.30 a 22:30 Tarde de baile ORQUESTRA RITMO JOVEN ( Praza Maior)

Martes 19
GRAN ROMARÍA DA SALETA

Outra programación
Exposición Fotográfica O Potiños
8, 9 e 10 de setembro, Feira Pepa a Loba
9 de setembro Festival Outros Países, Outras Músicas
9 de setembro 2º Concentración automovilística #no limits Automotive Crew
14 setembro, Misa de Santa Cruz ca Coral do Orfeón
15 setembro, Misa da Virxen dos Dolores co Coro de Cámara música Viva
23 de setembro estreo da obra “ Insubmisa” de Antagonista Teatro
30 de setembro Festival Galaico-Portugués