A sala anexa do auditorio acolle a mostra bianual de artes plásticas

Un ano máis, está aberta ao público a bienal mostra do “Obradoiro 2023 de Mª del Carmen González”, na sala anexa do Auditorio Manuel María. O horario para visitala é ata o próximo domingo, día 10 de setembro e será de 19:00 a 22:00 horas, na sala de exposicións, coa colaboración do Concello do Carballiño.

Dende o ano 1992 vense presentando este obradoiro, primeiro anualmente e despois cada dous anos, para que os alumnos tivesen tempo suficiente para facer obras de calidade. Componse de diversos traballos realizados por afeccionados, os máis pequenos nesta ocasión de dez anos.

AVANTAR ACTIVIDADES