O PSOE reclama a Jácome que as once entidades sociais que quedaron sen subvencións piodan ter acceso antes do remate do 2023

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas do grupo municipal de Ourense critican a preferencia do Goberno de Jácome polos gastos en festexos en lugar de atender as necesidades máis básicas e urxentes da veciñanza. “Do mesmo xeito que aconteceu o ano pasado, ata 11 asociacións quedan fóra das subvencións para entidades e colectivos do Concello de Ourense, pese a cumprir con todos os requisitos”, indicou a secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade, Natalia González Benéitez, sobre unha tónica que se repite.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A xustificación do Executivo local para desestimar a petición das axudas aparece recollida no Boletín Oficial da Provincia como “falta de crédito orzamentario”. Así as cousas, a tamén voceira do grupo municipal lembra que se trata de organizacións chave para o funcionamento da sociedade ourensá que “nunca cobran en tempo en forma” polo importante labor que desenvolven.

“Non se trata, como pretende a concelleira, de pasearse polas entidades e organizacións. Trátase de compromisos e cartos públicos. E na recente sesión plenaria de setembro o Goberno de Jácome miraba cara outro lado cando había que posicionarse respecto aos servizos sociais. O mesmo que vén acontecendo coas axudas para material escolar e comedores”, engadiu González.

No ano 2022 tamén quedaron fóra das subvencións outras 11 entidades –nalgúns casos repítense os nomes das perxudicadas– e foi o PSdeG-PSOE o que reclamou un pleno extraordinario para sacar adiante unha modificación orzamentaria que dotase con cartos as actividades de acompañamento, apoio ou terapia que moitas delas levan a cabo no día a día.

Os e as socialistas lamentan a euforia coa que o alcalde anuncia as actuacións das orquestras mentres deixa sen axudas aos usuarios e usuarias de entidades que teñen demostrado, ao longo das súas traxectorias, desempeñar un traballo fundamental en Ourense. Por iso, esixen que antes de que remate 2023 poidan ter acceso a un financiamento que non as suma no abandono por parte da Administración local.

Finalmente, reproban que o rexedor actúe sempre colocando os seus intereses individuais por riba do interese público que debe guiar toda xestión municipal.