O Concello de Beariz recolle pienso e mantas para cans e gatos en favor de PROGAPE

O Concello de Beariz está a levar a cabo unha campaña de recolección de pienso e mantas para cans e gatos en favor de PROGAPE (protectora de cans e gatos de Ourense) 

A campaña iniciou o 12 de agosto e rematará o 30 de setembro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A motivación ven dada pola necesidade que esa protectora de animais ven anunciando nas redes sociais de este tipo de axuda, concretamente comida e cobillas para os máis de 150 cans e máis de 90 gatos que ten nas súas instalacións de Eiroás.

O Concello de Beariz cumpre nesta ocasión coa función de canalizar a solidaridade dos veciños de Beariz e arredores que queren demostrar o seu cariño polas mascotas contribuíndo ao benestar das que se atopan temporalmente sen dono. O Concello facilita un punto de recollida nas instalacións da casa do concello e realiza o transporte desde Beariz a Eiroás do material recollido.

Ademais o Concello de Beariz realiza ao longo do ano unha serie de accións encamiñadas a facilitar a adopción de cans abandonados e a recollida de aqueles que aparecen perdidos no territorio municipal. 

Dentro das súas competencias en materia de mascotas sen fogar o Concello destina entorno a 1000,00€ cada ano, cifra que lle custa estár adherido ao servizo de canceira da Deputación Provincial de Ourense.

Cabe destacar a laboura da veciña de Beariz Mariana Antón Morgade como impulsora desta iniciativa e auténtica dinamizadora das contribucións que se ten realizado.

No que vai de campaña xuntáronse máis de 600 kg. de pienso tanto de cans como de gatos e entorno a 50 kg de mantas e toallas destinadas a mellorar as condicións de benestar dos cans e gatos nas instalacións da protectora. 

Anteriormente xa se fixo outra campaña similar en favor da protectora de O Carballiño (PACA) nesa ocasión xuntáronse 331 kg de pienso e tamén mantas.

Cómpre subliñar o carácter demostrativo que esta campaña pretende para estimular a sensibilidade da sociedade para coa labor das protectoras de animais e anima a que outras institucións realicen campañas de axuda.

Tamén é necesario prestar os medios para que a solidaridade  dos veciños chegue ás mascotas sen fogar e que a sociedade se sensibilice co problema do abandono de mascotas para así poder erradicalo.

O Concello de Beariz agradece aos veciños as súas contribucións e tamén ás protectoras de animais e aos voluntarios que nelas traballan, a súa labor calada e eficaz no coidado e xestión de adopcións das mascotas sen fogar.