Este xoves remata o prazo de inscrición da carreira popular e andaina de Maside

O domingo 17 de setembro a vila de Maside celebrará a XVI Carreira Popular e a XV Andaina. O evento deportivo comezará ás 09:30 horas coa saída dos participantes dende a Alameda, cunha distancia a percorrer de 13.500 km.

Tanto a saída como a chegada situaranse na rúa Principal. Todos os que queiran participar poderán anotarse en www.championchipnorte.com ata este próximo xoves, día 14. O prezo de inscrición nas categorías xuvenil e sénior será de 5 euros, que neste caso irá destinado a Aspadisi. As modalidades de pitufo e infantil terán inscrición gratuíta.

FESTAS EN RIBADAVIA