Gabriel Alén resalta o impacto da campaña Outono Gastronómico no turismo rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do xefe de área de Turismo, Cecilio Santalices, presentou esta mañá a nova campaña Outono Gastronómico no Turismo Rural co obxectivo de promover a nosa singular gastronomía en combinación coas agradables estadías nas casas de turismo rural da nosa comunidade con modalidades e prezos moi atractivos.

O delegado territorial explicou que nesta 17ª edición, son 17 os establecementos da provincia de Ourense que participan nesta iniciativa consolidada dende o 15 de setembro ata o 17 de decembro co gallo, segundo Gabriel Alén, “de dinamizar o turismo no eido rural e favorecer a desestacionalización neste período”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén sinalou que a oferta do Outono Gastronómico “convértese nunha excelente oportunidade para atraer turistas de fóra, pero tamén para que os propios galegos poidan descubrir e gozar da paisaxe, da gastronomía e da calidade dos establecementos rurais de comarcas que aínda non coñezan”. Así, lembrou as máis de 85.000 persoas que participaron ao longo das edicións anteriores e que xeraron no sector turístico rural máis de 5,3 millóns de euros coas súas estadías nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa en toda Galicia.

O delegado territorial destacou que os establecementos participantes ofrecerán dous menús coidados e baseados na calidade dos produtos galegos, deseñados especificamente para o Outono Gastronómico. Aquí teñen cabida tanto a cociña tradicional como a nova cociña con denominación de orixe galega; ámbalas dúas comprometidas coa redución da pegada de carbono, artesanais e de temporada.

Ademais do Menú Outono Gastronómico, co fin de adaptarse aos gustos e ás necesidades dos diferentes tipos de viaxeiros, propóñense outras posibilidades como o Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú e pernoctar na casa de Turismo Rural elixida; o Paquete Fin de semana Outono Gastronómico que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento de dúas noites e, por último, o Paquete Fin de semana familiar Outono Gastronómico, dirixido a aqueles viaxeiros que quixeran compartir coa familia unha fin de semana dentro deste programa turístico e que inclúe ofertas para un e dous nenos de ata 14 anos, ou o Paquete Outono Plus. Os prezos oscilan entre os 35 e os 340 euros.

Os interesados nesta iniciativa poden atopar completa información nas guías promocionais dispoñibles nas oficinas de turismo e tamén na páxina web de Turismo de Galicia, www.turismo.gal.