O BNG censura o proceder do Goberno Local coa configuración e o funcionamento das Xuntas de Área e nas que debe rendir contas á oposición

O Grupo municipal do BNG participou esta mañá na constitución das diferentes Xuntas de Área creadas polo Goberno Local e nas que as Concelleiras e os Concelleiros delegados deben ofrecer información da acción de goberno e respostar as cuestións que a oposición, no seu lexítimo dereito ao control e fiscalización, realice.

O certo é que as sesións celebradas no día de hoxe soamente incluían na orde do día a constitución das mesmas polo que non foi posible plantexar cuestións e moito menos recibir información, para iso, e tal e como denuncia o Portavoz do BNG Luís Seara “temos que agardar un mes xa que Jácome decidiu que en vez de cada quince días e ao igual que fixo no anterior mandato, soamente se celebren unha vez ao mes”.

AVANTAR ACTIVIDADES

O BNG amosou a súa disconformidade con esta convocatoria presentando un escrito dirixido á Presidenta ou Presidente de cada unha das cinco Xuntas de Área creadas e no que salientan o seguinte:

Desde o Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense queremos manifestar a nosa disconformidade co proceder do actual Goberno Local en relación coa configuración e funcionamento das Xuntas de Área”.

Resulta inadmisible a tardanza na súa primeira convocatoria e que esta, cando se produce, sexa exclusivamente para a súa constitución, tendo que agardar un mes para poder plantexar cuestións e o máis importante, recibir información dos Concelleiros e Concelleiras delegadas de cada Área de Goberno”.

Con este proceder, o Goberno Local amosa o seu desprezo á rendición de contas e a transparencia así como unha falta de respecto ao lexítimo traballo da oposición de fiscalización e control da acción de goberno”.