O BNG de Barbadás reclamará en Pleno a mellora das rúas travesía do Viso e San Bernabé para porlle fin aos continuos anegamentos en baixos e garaxes os días de chuvia

Desde a formación nacionalista entenden necesario acometer as obras que sexan precisas nestas rúas para evitar os anegamentos e os problemas derivados dos mesmos á veciñanza cando chove con certa intensidade

Barbadás, 10 de setembro de 2023. O Grupo municipal do BNG no Concello de Barbadás trasladará ao Pleno que a Corporación vai celebrar este luns a situación na que se atopan tanto a rúa travesía do Viso como a rúa San Bernabé, ámbalas dúas situadas na Valenzá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como ben sinala o Portavoz nacionalista Sarín Núñez, “é coñecido por todas e todos que a situación na que se atopan estas rúas non é a acaida cando chove pois son moi frecuentes os anegamentos de garaxes co conseguinte prexuízo para a veciñanza, unha veciñanza que de feito, saca os vehículos dos garaxes cando chove para evitar males maiores”.

Segundo expoñen no BNG, “a situación xa ven de vello, coa materialización dun PXOM que plantexa rúas como a travesía do Viso, que ten centos e centos de metros en línea recta e que recolle a auga que ven da autovia A-52 ata a avda. de Celanova, polo que son miles de litros nuns escasos metros de ancho desta travesía e que se veñen acumulando desde a autovía”.

Diante desta problemática, o BNG pediralle ao Goberno Local que “adopte todas as medidas necesarias para minimizar os efectos das chuvias como pode ser o establecemento dunha limpa periódica dos distintos rexistros de pluviais ou mesmo coa instalación de máis rexistros de pluviais ao longo destas rúas e alí onde sexa preciso”.

Ao tempo, o Grupo municipal do BNG solicitará a elaboración dos estudos técnicos pertinentes coa maior celeridade posíbel que permitan resolver ás problemáticas antes reseñadas, especialmente no cruzamento da travesía do Viso coa rúa San Bernabé para evitar os anegamentos nos garaxes das propietarias da Avda. de Celanova.

Igualmente instarán ao Goberno Local para que realice as xestións oportunas coa empresa concesionaria do subministro de auga, para proceder a unha limpeza anual como mínimo, dos rexistros de pluviais das distintas rúas do concello e tal e como esixe a le