Volta ás aulas para os alumnos de Formación Profesional no Carballiño

O curso escolar 2023/2024 daba comezo onte luns para preto de 30.000 nenos e mozos ourensáns. Hoxe foi a quenda da Formación Profesional, impartida no IES Manuel Chamoso Lamas. Neste caso o número de matrículas incrementouse exponencialmente con respecto ao pasado ano.

A variedade formativa mantén os mesmos campos ca no pasado curso. A novidade é o máster de robótica, cunha especialización maior ca o ciclo, chegando a un nivel universitario de formación. En toda Galicia apenas hai catro centros con este nivel educativo, polo que foi un pulo importante para O Carballiño. Tamén lanzarán un curso de informática para xente adulta que non ten porque estar vinculada ao centro educativamente.

FESTAS EN RIBADAVIA