A xunta de goberno do concello de Ribadavia aproba as bases das axudas para material escolar dos alumnos de educación infantil

  • O prazo de solicitude destas axudas, para nenos e nenas de entre 3 a 5 anos, será do 15 ao 29 de setembro
  • As contías das axudas van dos 30 aos 90 euros, dependendo da idade dos nenos e da renda da unidade familiar

Ribadavia, 13 de setembro de 2023.- A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia aprobou onte as bases das axudas de material escolar para os alumnos matriculados en Educación Infantil -nenos e nenas de 3 a 5 anos- dentro dos centros educativos do noso municipio, para o curso escolar 2023/2024.

O prazo para solicitar estas axudas é do 15 ao 29 de setembro. Para facilitar o trámite a todas as nais e país, entregaranse as solicitudes aos nenos e nenas no propio CEIP Plurilingüe este xoves, 14 de setembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

As solicitudes terán que ser presentadas no departamento de Servizos Sociais do Concello, que informará do expediente de concesión da axuda. Posteriormente, as solicitudes serán resoltas pola Xunta de Goberno Local, tendo en conta as bases.

Baremos e contías

Tanto os baremo como as cuantías das axudas están baseados nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos profesores de Educación Infantil para o curso 2023/24. Deste xeito, estipúlanse tres opcións:

. Opción 1 (3 anos):

A contía será de 30 euros. E de 60 euros ás unidades familiares con ingresos inferiores a multiplicar por tres o Indicador Público de Rendas Múltiples (IPREM) -1.800 euros ao mes-.

. Opción 2 (4 anos):

A contía será de 45 euros. E de 90 euros ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM (1.800 euros ao mes).

. Opción 3 (5 anos):

A contía será de 45€. E de 90 euros ás unidades familiares con ingresos inferiores ao 3 do IPREM (1.800 euros ao mes).

Se ao longo deste curso escolar 2023/24, se incorporan alumnos de educación infantil nos centros escolares de Ribadavia, poderán ter dereito a unha das anteriores opcións, sempre que cumpran os correspondentes requisitos.

Requisitos e máis información

Para solicitar as axudas, os proxenitores e o neno -que terá que estar matriculado nun centro do concello- deberán estar empadroados en Ribadavia na data da convocatoria das axudas, e manterse -como mínimo- empadroados ata o 31 de decembro do 2023.

Máis información sobre a documentación necesaria para presentar estas solicitudes, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia. Ou no seu correo electrónico serviciossociais@ribadavia.es