Descoñecen o que berran e chantean?

Manuel Herminio Iglesias


Segundo a prensa, os alumnos dun colexio na “Rioja” que prepara futuros mestres, tiñan nun chat moi concurrido, no que  empregaban unha sarta de  insultos e verbas mal sonantes  contra as mulleres. Hai uns meses,  nouto colexio Maior tamén se berraban insultos contra as mulleres mentres en todo o edificio apagábanse as luces como  mostra de apoio a tales  alaridos. E,  recentemente, na xornada pasada da xuventude en Portugal,  uns mozos españois berraron  con moita forza:  Que te vote Chapote, e logo   cantaron o Cara al Sol,  himno falanxista  de triste lembranza.

FESTAS EN RIBADAVIA

Todo  na presencia do Papa Francisco. Polo que o  tema ten a súa  importancia,  pois ademais de ser unha mensaxe que vai contra a doutrina  que o mandatario supremo predica, amosa que, nalgúns  círculos que levan a bandeira de certo clasismo social, e en colexios onde se preparan ós futuros mestres, e  moitos mozos   que aspiran a seren dirixentes políticos e cargos de importancia da vida pública, fanse  esas barbaridades que, segundo din, son moi habituales.  Estamos diante colexios de certa élite onde debían  inculcarse, entre outros, os valores da tolerancia e  a igualdade entre  homes e mulleres. Mais semella que nalgún destes centros  amosan unha clara manipulación do que aconteceu na confrontación civil española, pois faise valer como única e  verdadeira a visión histórica dun conflicto civil que da por bo  o que se promocionou  dende a oficialidade daquel réxime: a dos vencedores.

Sempre mantiven que quen non coñece o pasado, ou sabe del unha versión de parte,  acaba dándolle categoria de verdade absoluta o que lle contaron  dende única  esa visión.

Eta xa hai mais dunha decena de anos que deixou de matar. E seguir co eslogan, que nas eleccións promocionou o PP pra ir contra o goberno, e ademais  facelo na  xornada internacional  da xuventude,  indica que, neses círculos, a intencionalidade política  de parte é unha evidencia. Sinala tamén que hai  unha falla de sensibilidade e respecto para as vítimas e,  por último,  indica que todo vale co fin de atacar ó adversario político ainda que sexa dende  outro pais.

Non sei se moitos dos rapaces que eso berraron  diante o pontífice  eran conscientes do que facían. Tampouco sei si os mozos que no seu chat tratan as mulleres como obxecto de apetencia sexual o fan con plena conciencia,  ou andan a xogar como se fosen xente sen caletre nin razón.

Polo que ese feito e outros semellantes que acontecen nesta España marcan unha tendencia; unha ola que non acepta a igualdade entre homes e mulleres como algo que está implícito nas leis e na constitución.  Esquecer ou aceptar unha visión de parte do  aconteceido na guerra civil, na ditadura e tamén na segunda guerra mundial,  soamente se xutifica coa intención de trexiversar feitos hostóricos e alimentar as sonbras negras do totalitarismo ideolóxico, do odio ó diferente e do racismo. Todo pra ir conta a sociedade democrática.

A igrexa coas súas virtudes e erros, que non son poucos,  cos seus predicamentos e silencios,  debía desautorizar e censurar  eses berros e insultos diante o Papa. Debía aparecer como unha muralla fronte a intolerancia e contra o totalitarismo que no fondo desas manifestacións e berros se agocha.

Dá a sensación que un novo andazo ideolóxico ameaza a unha sociedade como a nosa. Pois si as persoas  que están chamadas a ser os guías e a transmitiren coñecementos non  saben controlar os seus impusos primarios, ou non aceptan e dan por boas verdades de parte, nun futuro tragarán os ditados dos enemigos da igualdade entre homes e mulleres; ou dos  que non aceptan a tolerancia, o respeto   e a discrepancia ideolóxica. Os hoxe  alumnos, e futuros mestres deberían ser moito máis cautos, prudentes e conscientes co que manifestan, cantan  chatean ou berran.  Nas súas mans estará  trasmitir coñecementos e valores ás novas xeneracións.


Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas