En Ribadavia: Exposición Carlos Oroza, Visita teatralizada ao Castelo e tributo a Michael Jackson

VISITA TEATRALIZADA AO CASTELO

Os Sarmiento regresan a Ribadavia. O conde, a condesa, a súa garda e algun máis andarán polo castelo e rúas da vila.Podedes acompañalos o vindeiro venres 15 de setembro ás 21.30h.Reserva de entradas no número de teléfono 617557961. Entrada de balde.Xuntarémonos na entrada do xulgado na praza maior.

AVANTAR ACTIVIDADES


EXPOSICION CARLOS OROZA, o  último xograr.

Ribadavia é a única localidade de Ourense que terá esta exposición.
Hoxe, ás 18:00h inauguramos a exposición dedicada ao centenario da figura do poeta Carlos Oroza na praza Buxán.Esta é unha mostra arredor da figura de Oroza como poeta oral que ten como obxectivo achegar a súa poesía a camiñantes de toda Galicia.


TRIBUTO A MICHAEL JACKSON

NO mellor tributo do mundo Michael Legend de Ben Jackson será o sábado 16 ás 23:30h, na rúa Redondela de Ribadavia. (xunto á Casa da Cultura).Entrada Libre.