As festas do San Cibrao acollerán unha concentración de coches clásicos

Esta mañá, a Praza Maior do Carballiño acolleu a presentación da concentración de coches antigos que se celebra este vindeiro domingo, día grande das festas patronais. É a primeira vez que esta evento forma parte das festas do San Cibrao, aínda que non é xa son moitas a concentracións feitas no Carballiño.

Máis dunha trintena de vehículos clásicos estarán na rúa principal entre as 10:00 e as 11:00 horas do domingo, logo saíran en ruta ata Oseira e voltarán para facer un xantar no parque. O concelleiro de Cultura agradeceu a inclusión de este evento como valor engadido para as festas.

AVANTAR ACTIVIDADES