Luis Menor traslada a Rogelio Martínez o máximo compromiso da Deputación con Expourense, como “un dos principais promotores da provincia”

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) con Rogelio Martínez González (Xerente de Expourense).

O presidente da  Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá  no Pazo Provincial ao director-xerente de Expourense, Rogelio Martínez, ao que trasladou o máximo compromiso da institución provincial ao labor que desenvolve o recinto feiral ourensán, que cualificou como “un dos principais promotores da provincia”. 

Neste primeiro encontro institucional co presidente da Deputación, Rogelio Martínez valorou positivamente a designación dos representantes provinciais no Padroado e no Comité Executivo de Expourense, onde ademais de Luis Menor tamén seguirá Rosendo Fernández, dado o seu coñecemento e traxectoria na Fundación de Feiras e Exposicións. Tamén destacouse a presenza nos órganos de goberno da Fundación da vicepresidenta da Deputación, Marta Nóvoa, en calidade de alcaldesa de San Cibrao das Viñas. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Na reunión, Menor e Martínez tamén repasaron as liñas de colaboración actuais e futuras entre a Deputación e Expourense, con especial atención á intensa axenda de actividades que inicia o recinto feiral nesta segunda parte do ano, coa celebración de Termatalia Uruguai do 4 ao 6 de outubro nas termas de Salto-Paysandú. Un salón que dará paso, entre outras actividades, a unhas das citas máis importantes no calendario gastronómico ourensán e galego como é Xantar, cuxa celebración está prevista do 2 ao 5 de novembro.