Maside estreará unha senda peonil no acceso ao Carballiño

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as obras de mellora da senda peonil e accesibilidade na rúa Ourense, ao seu paso polos concellos de Maside e Carballiño. Esta actuación, que alcanza os 50.000 euros, pretende facilitar o tránsito peatonal nun dos accesos con maior afluencia de vehículos.

O alcalde de Maside destacou a importancia e a necesidade desta actuación. Sinalou tamén que a segunda fase, que está agora en marcha, retrasouse para poder sacar un tubo de canalización de augas pluviais que posteriormente irá conectado ao novo sistema da rúa Ourense que executará a Confederación Hidrográfica.

AVANTAR ACTIVIDADES