O goberno local estuda as problemáticas da Asociación de empresarios da área industrial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xoves pasado, membros da Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA) encabezada polo seu presidente, Manuel Carballeda, reuníronse co Exmo. Alcalde, D. Francisco Fumega, e o Concelleiro de Industria, D. Manuel Dacal, co obxetivo de abordar asuntos de relevante importancia para as empresas que conforman o Parque Industrial. Na actualidade a Asociación de Empresarios conta con 57 empresas, con mais de 1.500 traballadoras/es e unha facturación por enriba dos 300 Millóns de euros.

A representación empresarial detallou as necesidades, inquedanzas e proxectos a emprender para unha mellora na Área Industrial, favorecendo así a actividade empresarial e repercutindo de maneira positiva do emprego na Comarca.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre os principais temas que se abordaron, os máis relevantes foron, o avanzado deterioro do asfalto nalgúns viais, a deficiente sinalización que non asegura unha correcta comunicación dentro do parque, a insuficiente iluminación e o estado de limpeza no que se encontran os viais na actualidade.

Avanzadas xa, as obras da construcción do Viveiro Industrial, que teñen como data de finalización mediados de outubro, detallouse que, o futuro Viveiro, ten como obxetivo, apoiar aos emprendedores nos primeiros anos de vida da empresa e fortalecendo así un consolidado tecido industrial na Comarca.

Destacouse ademais, a importancia da legalización por parte da Confederación Hidrográfica, do aproveitamento dos ríos Arenteiro e Barbantiño, e ampliando así, a reserva de auga cun segundo depósito de gran tamaño pensando na poboación civil e tamén para un mellor e necesario abastecemento da Área Industrial e futura ampliación da mesma.

O Sr. Alcalde D. Francisco Fumega como o Concelleiro de Industria D. Manuel Dacal, manifestaron o seu firme compromiso coa Asociación de empresarios da Área industrial para dar resposta as necesidades e inquedanzas expostas.