“Los nuevos mantras de la formación y el empleo” se
da cita para fortalecer la inserción laboral”
Os próximos 23, 24 e 25 de novembro terá lugar o 23 Congreso Internacional
de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo: “Mantras para
a formación, a orientación e o emprego na interseccionalidade social,
tecnolóxica e persoal” que se celebrará durante os dous primeiros días na
cidade de Ourense e o terceiro na vila de Celanova. A provincia acolle por
segunda vez esta cita internacional, despois de ser sede no ano 2013.
A presentación, que tivo lugar hoxe no Centro Cultural José Ángel Valente de
Ourense, serviu para presentar a programación do evento donde participarán
máis de 100 investigadores e investigadoras, estudantes, orientadores/as,
docentes e profesionais do ámbito da formación e do traballo de diferentes
puntos de España, Portugal e outros países. Asimesmo, tamén participarán
conferenciantes de gran relevancia coma Antonio Rial (Ad Honoren da Facultade
de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela), e
Joaquim Luis (Vicepresidente do Comité Científico, Facultade de Psicoloxía e
Ciencias da Educación da Universidade de Porto), encargados da conferencia
inaugural ou Roberto Mariño “Verino” na sesión de clausura.
No acto de presentación participaron Margarita Valcarce Fernández, presidenta
do comité organizador (USC), que dixo que “faise neste dous lugares para
interconectar estas dúas localizacións con Portugal dende unha posición
cooperativa de distintos axentes académicos e institucionais”. E engadeu
“queremos mostrar dende unha posición periférica as nosas preocupacións e
aportar coñecemento novo sobre os avances da investigación e da práctica
nestas temáticas”.
A presidenta de organización agradeceu ao Instituto de Emprego e de Formación
Profesional, así como a Universidade de Porto; as administracións, institucións
e entidades colaboradoras como a Xunta de Galicia a través das Consellerías de
Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; e Promoción do
Emprego e Igualdade; o Concello de Ourense; o Concello de Celanova; a
Deputación de Ourense; a Universidade de Santiago de Compostela; e a
Universidad de Vigo que asistiron ao acto.
José Pedro Machado, subdelegado rexional do Norte do Instituto de Emprego e
Formación Profesional (IEFP, IP), dixo que “no 99 houbo a reunión para a
realización do primeiro congreso. Dende alí o congreso é unha experiencia de
profundo conocimientos, de intercambio de boas prácticas de formación e de
emprego. É un pracer participar neste congreso onde se discute e se profundiza
sobre o ámbito de emprego, con participantes de gran prestixio e experiencia de
organizacións consolidadas nestes ámbitos”.
Marta Vázquez Guzmán, directora do Centro Galego de Innovación da
Formación Profesional Eduardo Barreiros (Consellería de Cultura, Educación,
FP e Universidades) explicou que “dende o centro de FP estamos a traballar en
diferentes áreas que teñen necesidade de recursos productivos. Pretendemos
dar resposta a tódolos retos que saían deste congreso, dende a FP galega, que
ten demostrado o seu prestixio, estamos poñendo os proxectos executados o
tecido galego.
Por parte da Deputación de Ourense estivo Rosendo Luis Fernández, Deputado
de Turismo, que remarcou a institución “sempre é colaboradora con este tipo de
congresos pola importancia que supoñen no territorio e neste caso en Ourense
e Celanova”. Destacou a “irmandade de Galicia e Portugal con diferentes citas,
deportivas, culturais e sociais que poñen en valor os territorios a ambos lados da
fronteira. Que veña este congreso internacional é unha ledicia para os dous
países”. E finalizou que “a nivel de cooperación e colaboración estará sempre
con estes eventos internacionais que unen os territorios dende todos os
ámbitos”.
O Concello de Ourense tamén estivo representado polo Tenente de Alcalde,
Armando Ojea, e a Concelleira de Educación e Xuventude, Tamara Silva, que
felicitou a organización por facelo en Ourense e remarcou que “é un pracer que
se retomen estes congresos despois da pandemia. Estamos moi contentos que
Ourense sexa a sede de congreso sobre todo neste ámbito do emprego, sobre
todo tendo en conta as costumes, os cambios sociais que están tengo lugar que
esixirán novos coñecementos no ámbito da formación e laboral”. Incidíu na
importancia do desenvolvemento do Congreso en Celanova pola “importancia da
vila”, para “seguir conectando Ourense co norte de Portugal”.
A Teniente Alcalde do Concello de Celanova, Teresa Barge, salientou “temos
unha colaboración importante con Portugal e é importante manter eses lazos”.
“Todo o que supón a inserción do emprego sempre é importante, pero máis con
toda a xente que está chegando a vila e a provincia de Ourense para dar
cobertura a todas esas necesidades e agradecidos por pechar este congreso
que sacará conclusións importantes”.
Joaquim Luis Coimbra, Vicepresidente do Comité Científico (Universidade de
Porto) contou que “as experiencias innovadoras e tamén a investigación son
importantes no mundo da formación e o emprego para fortalecer os
coñecementos laborais, para saír máis fortes das crisis que temos e teremos e
tamén para ter máis fortalezas que debilidades”.
Por parte da Universidade de Santiago de Compostela, tomou a palabra Jesús
García, secretario da Facultade de Ciencias da Educación, que comentou que
“este congreso xa é decano na nosa universidade. É reseñable a trayectoria por
ese interese científico e académico que cumple 23 anos; tamén é destacable
porque sirve de punto de encontro pero tamén para atender o obxectivo da
universidade como é a transferenza de coñecemento para que chegue a
sociedade; e por último porque este congreso permite tecer redes con
institucións, organizacións e outras entidades nun ámbito tan sensible como é a
formación e o emprego cun carácter transfronteirizo”.
O decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo,
Xosé Manuel Cid, puxo en valor que “a rede de tantas institucións públicas e a
conexión de Galicia-Portugal que e é fundamental en tódolos sentidos”. Tamén
quixo agradecer a organización do congreso en Ourense e Celanova a un
“macroproxecto que difunde coñecementos sobre a formación e o emprego” e
finalizou ensalzando a labor da pedagoxía na formación da sociedade de cara o
emprego.