A batería de iniciativas, que se presentará en paralelo en todo o Estado, tamén anima aos partidos maioritarios a buscar acordos de Estado para “evitar que a sociedade véase sometida ás condicións ilegais de partidos independentistas”
“Existe un clamor por algo básico: a igualdade de todos os españois”, remarcou o presidente provincial, Manuel Baltar, que estivo hoxe acompañado pola secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, e o vicepresidente do PPdeOU, Rosendo Fernández
15, setembro, 2023. O presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, xunto á secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, e o vicepresidente do PPdeOU, Rosendo Fernández, presentaron esta mañá en rolda de prensa as mocións que o Partido Popular levará aos plenos dos concellos ourensáns e da Deputación de Ourense, contra a tramitación dunha lei de amnistía por parte de Pedro Sánchez e para garantir a igualdade de todos os españois.
Na rolda de prensa, celebrada na sede provincial do PPdeOU, Manuel Baltar trasladou o “clamor existente en toda España por unha cuestión básica e que é imprescindible defender: a igualdade dos españois. Unha cuestión pola que debemos posicionarse contra esa lei de amnistía de Pedro Sánchez que se sitúa fóra da Constitución”.
En paralelo ao resto de España, os representantes populares presentarán iniciativas en todas as institucións da provincia para “defender a Constitución, nunha aposta pola igualdade nun momento de gran incertidume política”, reflexionou Manuel Baltar, “unha incertidume que non foi tal cos resultados do 23 de xullo, onde Alberto Núñez Feijóo acadou unha gran vitoria electoral, con maioría absoluta no Senado, e por iso foi proposto polo rei como candidato á presidencia do Goberno, dentro deste proceso de cambio demandado por España”.
“Neste sentido, chama poderosamente a atención que o PSOE de Sánchez defina como cuestión de Estado o que é unha traizón ao Estado para manterse no poder”, sinalou o presidente provincial do PPdeOU antes de lembrar como “significados socialistas están falando publicamente desta traizón: ceder ás peticións independentistas e socavar o réxime constitucional”.
Posicionamento do PSOE
“Presentaremos estas dúas mocións nos concellos e na Deputación de Ourense, ao igual que nos parlamentos autonómicos, cabildos e consellos insulares de toda España”, resumiu Manuel Baltar, que lanzou unha cuestión aos socialistas: “Queremos saber que din os cargos públicos socialistas na provincia, se están en contra da igualdade dos españois e se están a favor dunha amnistía que suporía a excarceración de centos de persoas e lexitimar ese tipo de sedición, ademais de darlle á razón a alguén que é un prófugo da xustiza española e que está a impor condicións ao Estado democrático e de dereito que defendemos”.
A continuación, Rosendo Fernández e Ana Villarino explicaron polo miúdo o contido das dúas mocións. Estas, como puntos principais, prantexan unha proposta de acordos para “rexeitar calquera tipo de amnistía ou indulto xeralizado”, “considerar o imperio da lei como a expresión da vontade popular” e “animar aos dous partidos maioritarios a buscar acordos de Estado que eviten que a sociedade española véase sometida ás condicións ilegais de partidos independentistas”.