Emilio Vidal confirma a súa boa xestión á fronte do concello de Melón

Despois de máis de 100 días de goberno a oposición ratifica o bo traballo do alcalde, ao estar soamente preocupados da quen lle contrata os servizos o concello.

Melón ao 18 de setembro de 2023.- Emilio Vidal atopouse nas redes sociais críticas á súa xestión na contratación dalgúns servizos do concello por parte da señor Barba, algo que enorgullece ao alcalde Emilio que ve nestas críticas a falta de contido contra a súa xestión unha vez transcorridos máis de 100 días desde os veciños e veciñas de Melón outorgáronlle novamente a súa confianza.

AVANTAR ACTIVIDADES

É máis, recalca Vidal que o nerviosismo da señor Barba xa non é por conseguir a alcaldía que sabe que iso nunca será posible como demostraron as urnas hai uns meses, senón que xa lle vale todo con total de ter un titular, “agora resulta que teño un asesor e que lle contrato traballos aos amigos”, pois mire vostede señor Barba, se iso é o único problema que atopa vostede na miña xestión estou super contento, porque polo visto o demais o estou a facer espectacularmente ben. Pero a realidade que teñen que coñecer os veciños e veciñas de Melón é que a vostede Melón dálle igual, e o único que busca é un posto, e como agora en Carballeda non o queren, quere probar sorte en Melón. Espétalle Emilio.

O señor Barba debería de aprender a facer política construtiva, algo que sabe dea boa tinta que non é capaz, polo que Emilio recoméndalle que se centre noutra cousa porque a política e o xestionar cousas para os seus veciños está claro que non é o seu, é máis lle lembra que quen ten a potestade para contratar no concello é o alcalde e nunca os membros da oposición “só faltaría que me tivese que dicir a oposición onde comprar ou a quen?, o mundo ao revés”, comenta Emilio.

O que ten que dicir a señor Barba é a verdade, que se está pagando a unha empresa, para levar os temas de comunicación do concello e así poder manter informado os veciños dos acontecementos por un importe de 600 euros máis iva, algo que está claro que non lle gusta á oposición, porque é mellor que ninguén se decate de nada e así eles manipular aos veciños e

veciñas e iso ten un nome que se chama (CENSURA), e tentan censurar á empresa de comunicación, vergoñoso.

E por suposto fálanse de facturas, pero non se fala do éxito dos cursos de cestería, nin do marabilloso campamento de verán para todos os nenos e nenas, excursión a Portugal etc…….., só mencionamos o que queremos, o devandito señor Barba, se o problema é soamente a quen se lle contrata os servizos, está claro cal é o seu interese, é máis este concello ten moitas cousas que mellorar, como zonas de esparexemento, internet, temas sociais, infraestruturas, saneamentos, camiños, cultura e turismo e moitas máis que iremos tentando mellorar desde o goberno e a vostede só preocúpalle con quen se contrata as cousas, o devandito estamos a facelo xenial.