O Concello de Piñor organiza a VI edición da Festa dos Callos que terá lugar o domingo 8 de outubro no Arenteiro.
Ano tras ano esta xuntanza popular reúne a veciños do municipio e arredores co obxectivo de degustar un prato típico local, gozar dunha xornada entre veciños e coñecidos e dar a coñecer o noso municipio.
Este ano contará tamén coa xuntanza de motos clásicas, que farán un percorrido pola zona, ás 14:00 será o xantar que está composto por empanada, lacón asado, CALLOS, postre, bebida e café, e tamén haberá unha actuación musical.
As entradas teñen un prezo de 17 € por persoa, e os menores de 10 anos é gratuíto pero deben levar o ticket infantil correspondente para acceder ao recinto.
A venda de entradas está xa dispoñible ata o 2 de outubro no Concello e nos seguintes establecementos: Farmacia de Piñor, Bar O Refugio de Cotelas, Restaurante Ateneo en O Reino, Gasolinera Ateneo en o Reino e Bar Ojea en Arenteiro.
Dende o día 3 ata o 5 de outubro, data límite para a venta por motivos organizativos, estará dispoñible no só no Concello.