Esta mañá, o Novo Cine de Leiro acolleu a presentación da peza audiovisual “12 no Camiño”. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, amosou as súas gañas de desfrutar da peza de Ramón Fernández.
É unha webserie que mestura ficción e documental, na que doce universitarios da chamada terceira idade inician unha peregrinación polo Camiño de Santiago Sanabrés, unha viaxe que une Ourense con Santiago de Compostela.
Falan da capacidade transformadora do Camiño, da solidariedade, compañeirismo e amizade que xorde entre as persoas que se dan cita nas romarías, e dunha terceira idade emprendedora, activa e aventureira. Porque o Camiño, como eles din, é para todos.
Para o alcalde, Francisco José Fernández, é un orgullo contar co único cine do rural da provincia.