O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá co tesoureiro e secretario da Asociación para a Prevención do Envellecemento da provincia de Ourense (APEO), José Losada e Elías Domínguez respectivamente.
Ámbolos dous informaron ao delegado territorial dos obxectivos desta asociación como é o de promover a mellora da saúde, a calidade de vida e os seus diferentes ámbitos, potenciando a vitalidade e o atraso do envellecemento.
Pola súa banda, Gabriel Alén amosou a disposición do Goberno galego a colaborar con este tipo de iniciativas encamiñadas ao benestar da cidadanía, en concreto, o colectivo das nosas persoas maiores.