O BNG cuestiona a reestruturación da Concellería de Servizos Sociais anunciada polo Goberno Local e alerta da posible desaparición das UNIS

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Diante do anuncio do Goberno Local de levar a cabo unha reestruturación na Concellería de Servizos Sociais consistente na centralización de todos os servizos nun único edificio, desde o Grupo municipal do BNG alertan que dito anuncio “é un despropósito xa que moito nos tememos que o que leva implícito é o traslado das UNIS, Unidade Interdisciplinar de Intervención Social, feito que desde logo sería de extrema gravidade”.

A Concelleira nacionalista Rhut Reza compareceu acompañada polo Portavoz municipal Luís Seara e pola tamén Concelleira do BNG Erea Blanco para denunciar unha vez máis a situación de saturación e colapso na que se atopa a Área de Servizos Sociais do Concello e a previsible desaparición das catro UNIS presentes na actualidade nos barrios do Couto – A Carballeira, A Ponte, o Centro e as Lagoas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo Rhut Reza, “as UNIS albergan os servizos comunitarios básicos e garanten a proximidade ás persoas usuarias e as súas familias”, e engade, “atenden a unhas 10.000 usuarias e teñen máis de 20.000 expedientes abertos, nestas UNIS faise a tramitación e o seguimento da renda de Inclusión social, axudas de emerxencia social, recoñecementos de discapacidade e dependencia, comedor social, banco de alimentos, bono social da luz ou mesmo o servizo de menores”.

Desde o Grupo municipal do BNG esíxenlle ao actual Rexedor “que deixe de xogar co pan da xente e coas súas necesidades pois falamos de persoas vulnerábeis. A día de hoxe moitas delas levan desde xaneiro agardando para cobrar unha axuda de emerxencia e por desgraza van ter que seguir agardando un mes máis por mor da súa desidia pois na partida hai nestes momentos apenas 1,24 euros”.

“A xestión do actual equipo de Goberno é caótica e o Alcalde debe saber que o Concello de Ourense non é unha empresa de mudanzas. Pedímoslle que se deixe de tanta reorganización e se poña a traballar en serio para dotar aos Servizos Sociais do Concello dos medios materiais, humanos e económicos precisos para facer fronte a todas as necesidades da veciñanza”.

Situación da RPT do Concello

Preguntada polos medios de comunicación presentes sobre os avances na elaboración da RPT do Concello, Rhut Reza afirmou que “a día de hoxe non temos ningún tipo de información xa que dito documento non se está a negociar onde correspode que é na mesa xeral de negociación”. Luís Seara puntualizou que precisamente a falta de negociación “provocou que a día de hoxe, o capítulo 1 do orzamento estea anulado pola xustiza”.