Avelino Muleiro: ” O erro categorial nas Ciencias Sociais (I) O fetichismo das ideas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Avelino Muleiro García :

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

-Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda


Sociólogos, politólogos, antropólogos, psicólogos e outros moitos profesionais das denominadas ciencias sociais acoden aos conceptos de sociedade, de nación, de país, de Estado e de ideas equivalentes para valorar o propio rol institucional e analizar o seu funcionamento social. E sobre eses roles proxéctanselles valores como corrupción, inxustiza, xenerosidade, bondade, solidariedade, etc., que en realidade son propiedades exclusivas de condutas cidadás. En determinadas ocasións infórmannos de que a sociedade -denomínese nación, país, Estado…- está corrompida e deteriorada, e noutras, catalóganola de solidaria, de xusta e benefactora.  

Tómase o Estado como orixe e fundamento das leis; faise referencia a un Estado de dereito, a un Estado anárquico ou a un Estado autocrático ou ditatorial. Utilízanse palabras como institución, nación, país, patria, pobo, reino, bandeira, etc. como realidades políticas ou culturais. Non obstante, no momento de enfocar estes conceptos nunha perspectiva real, utilízanse a un mesmo nivel as institucións -como pode ser o Estado, a nación, a patria…- e a sociedade como tal? Qué diferenzas existen entre eses conceptos? Dito con outras palabras, que diferenzas hai entre cultura e sociedade? 

Ata o ano 1970, non existía unha clara distinción entre sociedade e cultura, confundíndose frecuentemente os sistemas culturais e os sistemas sociais. Pero a partir desa data, os conceptos fóronse aclarando e empezaron a se distinguir dúas realidades distintas: a cultura e a sociedade. O antropólogo americano Clifford Geertz contrapoñía a cultura á estrutura social. A cultura é o tecido de significados en función do cal os seres humanos interpretan a súa experiencia e guían a súa acción. En cambio, a estrutura social (a sociedade) é a forma concreta que toma a acción humana como rede de relacións sociais.

            As especies animais máis sociais, como as formigas, as abellas, as termites… carecen de cultura; non obstante, utilizando exclusivamente a súa xenética constrúen as súas sociedades extraordinariamente solidarias e ben organizadas. Trátase de sociedades naturais. En cambio, nas sociedades humanas, dependentes da cultura, podemos distinguir entre os principios culturais que informan a esas sociedades e a concreción que se materializa nas relacións e accións particulares, é dicir, entre cultura e sociedade.

            Admitimos que é necesario respirar para vivir; que é posible pasar un día sen comer, pero non un mes; consideramos imposible que unha galiña amamante aos seus fillos. Nestes casos, trátase de modos naturais (denominados necesidades, posibilidades e imposibilidades), que son independentes das nosas convencións. Ademais, os membros dun grupo social podemos poñernos de acordo en establecer necesidades, posibilidades e imposibilidades convencionais, designadas obrigacións, permisos e prohibicións. Estas modalidades reciben o nome de normas.

As institucións como xogo

            Cada institución é como un xogo que está formado por certas regras ou normas. Así, só se pode xogar ao xadrez en consonancia coas regras do xadrez. Por tal razón, non se pode mover a torre en diagonal nin o alfil en horizontal. O mesmo pasa co fútbol. As regras que constitúen o xogo do fútbol definen certas posicións convencionais: árbitro, porteiro, dianteiro centro, equipo… Pero tamén certas accións: partido, gol, penalti, falta, expulsión… e certas obrigas e prohibicións, como prohibido tocar o balón coa man mentres se xoga. As regras, normas ou convencións son memes, é dicir, información. A estrutura abstrata formada por todos estes memes na súa interrelación xerárquica constitúe a institución ou xogo do fútbol. Esas regras constitúen o fútbol. E quen non as cumpre, non está xogando ao fútbol, senón a outra cousa. O fútbol, neste sentido abstracto, é cultura e só cultura. Pero esas normas incorpóranse á constitución de clubes particulares de fútbol, como o Arenteiro, O Celta, O Deportivo, O Barça, o Real Madrid…, que son sociedades, corporacións formadas por persoas concretas de carne e óso, coas súas características persoais, cos seus músculos, lesións, orgullo… Os equipos de fútbol reais son sociedades, que á súa vez se agrupan en asociacións de máis alto nivel, como as asociacións nacionais (Federación Española de Fútbol), ou as internacionais, como a UEFA, a FIFA … que forman parte tamén da sociedade civil do seu país. Cada partido de fútbol que se xoga é unha interacción social.

            Un grupo social (un club, unha empresa, unha escola, unha tribo, un Estado…) teñen as súas propias normas, regras e posicións convencionais. O conxunto das normas do Estado forma o dereito, que é unha codificación das regras, obrigacións e prohibicións nas que o Estado se fundamenta e cuxo cumprimento impón o propio Estado.

            Ende ben, distinguimos entre a institución abstracta (como o matrimonio, a universidade, o xedrez ou o fútbol), que é un sistema de normas e convencións, e as diversas incorporacións dese sistema normativo na realidade social concreta. O matrimonio católico é unha institución abstracta, un xogo ou sistema de convencións, obrigacións e prohibicións. Esa institución é cultura, é información. Por tal motivo, a aplicación das súas regras dá lugar á constitución de parellas casadas concretas sometidas ás súas normas, e que conviven cos seus sentimentos, conflitos, celos e fillos. Un matrimonio concreto é unha sociedade, que está regulada por un contrato. O contrato confórmase ao modelo normativo do matrimonio católico como institución. Pero esa parella casada concreta é un anaco da realidade física e biolóxica, aínda que está informado polas regras culturais da institución.

            As sociedades e as accións sociais son partes da realidade física miradas desde certo punto de vista convencional. As correspondentes institucións abstractas son os sistemas de convencións desde os que as miramos. As convencións son memes, información, cultura, están nos cerebros dos seres humanos. Pero as accións sociais non están no cerebro: o partido de fútbol celébrase sobre o céspede dun campo físico, ao aire libre. Unha sinfonía é información, cultura, pero a interpretación desa sinfonía pola orquestra un día determinado é unha acción social que se celebra nunha sala de concertos ou no palco dunha festa.

            Cada cultura ten as súas propias normas e institucións. E así, por exemplo, os sistemas matrimoniais e de parentesco oficial, ou as formas de goberno ou de organización económica, soen ser distintos nos diversos países. A antropoloxía social estuda todas as accións e relacións sociais observables dun grupo étnico determinado. A antropoloxía cultural é máis teórica porque trata de inferir dese estudo o sistema cultural que informa a conduta observada. Os individuos integrados nesas institucións poden asumir as normas e cumprilas -aos que se lles considera como bos, decentes, leais, xustos, éticos…- ou transgredilas -aos que se lles cataloga de infractores, transgresores, inmorais, inxustos…-

Errores categoriais

O Estado, a nación, o país… non son nin bos nin malos, xustos nin perversos, cultos nin incultos. Cando se lles asignan eses atributos estanse infrinxindo as regras da linguaxe e da lóxica, pero sobre todo confundindo as normas da ontoloxía. É dicir, estanse aplicando propiedades que son propios de realidades a conceptos ideais. Bo e malo, egoísta e solidario, nobre ou desleal… son atributos morais que só se poden aplicar a persoas. Os conceptos carecen de ética e de moral, razón pola cal non poden catalogarse con propiedades de bondade ou de maldade, pois estes son características aplicables exclusivamente a seres racionais.

            A nación, o Estado, o país… non son realidades, non son ontoloxicamente entes reais, xa que son exclusivamente entes ideais, conceptuais. Os entes reais son individuos que existen fóra da nosa mente e constitúen os elementos da ontoloxía, que son imprescindibles para poder elaborar teorías científicas, antropolóxicas, sociolóxicas, etc. Os entes reais teñen propiedades físicas (ocupan un espazo e un tempo, son duros ou brandos, móvense ou están en repouso, son sólidos, líquidos ou gases…) e non dependen de nós para existiren. En cambio, os entes ideais, mentais, só existen na nosa mente e polo tanto carecen de propiedades físicas.

            Canto pesa ou a que velocidade se pode mover a sociedade, o Estado, a nación, a aldea ou a vila…? Quen ve ou quen toca estas entelequias? Onde reside o seu centro de gravidade? Son xenerosas ou rañas? Estas preguntas carecen de resposta por falta de sentido. A realidade corrobora que ninguén pode atentar contra elas, nin elas poden atentar contra ninguén. Por tal motivo, cando se alude a eses conceptos sociolóxicos, políticos e culturais en palabras como bondade ou maldade, responsabilidade ou irresponsabilidade, xenerosidade ou egoísmo… estamos incorrendo nun paradoxo que se coñece como erro categorial.

            Polo tanto, a bondade e a maldade, a xenerosidade e o egoísmo, a virtude ou a depravación só se poden atribuír ás persoas. En conclusión, interpretar e valorar as institucións sociais con categorías exclusivamente propias dos seres humanos conduce a un paradaxo ou erro categorial. E iso desvirtúa o discurso, camufla a verdade e crea conflitos.

            Nese contexto circulan actualmente erróneas afirmacións sobre prerrogativas instititucionais que son exclusivas das persoas. É o caso da falacia categorial que lle atribúe a Cataluña a pretensión da súa independencia de España. Tal prerrogativa independentista atribuída a unha Comunidade Autónoma é un evidente erro categorial. A pretendida independencia de Cataluña é atribuíble exclusivamente a persoas que, fundamentalmente, militan en partidos políticos ou participan da ideoloxía independentista. Esa é a razón pola que a xustiza española xulga a persoas polo referendo do 1-O, pero non xulga a Cataluña nin á súa bandeira. 

            Referirse a Cataluña como nación, a España como Estado ou a territorios andorráns e aragoneses como países cataláns significa utilizar conceptos relacionados coa cultura, co territorio xeográfico… pero que carecen de realidade. Son nomes que socioloxicamente funcionan como fetiches cunha influencia contundente nas relacións humanas. Nación, Estado, país…son fetiches que se animan na súa propia vida, son autónomos e impoñen as súas leis ás persoas. Pero como fetiches, estas institucións reivindican adoración e rendición de culto. A orixe dese fetichismo? No próximo artigo.


Outros artigos de Avelino Muleiro

Artigo: “Avelino Muleiro: “Mundos acoplados””

Artigo: “Avelino Muleiro. Náufragos posmodernos nunha realidade virtual (III): A ciencia como táboa de salvación “

Artigo: “Avelino Muleiro: “As profecías da actual situación de naufraxio posmoderno (II)””

Artigo: “Avelino Muleiro:”Náufragos posmodernos nunha sociedade ideoloxizada (I)””

Artigo: ” Avelino Muleiro:” Do xene egoísta ao algoritmo suicida””

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (II) A ética ao rescate”

Artigo:” Avelino Muleiro. A ética do discurso (I) A ética ao rescate”

Artigo: “Avelino Muleiro: ” Cultura e Viño “”

Artigo: ” Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (II)” “

Artigo: “Avelino Muleiro: “Poden ter dereitos os animais? (I)””

Artigo: “Avelino Muleiro: As pseudociencias e a medicina convencional”

Artigo: “Avelino Muleiro: A vileza dos novos deuses fatuos do Olimpo”

Artigo: “Rebelión sentimental do amor contra o control lóxico da razón (II)”

Artigo: “Rebelión emocional da amizade contra o control lóxico da razón (I) “

Artigo: “Sofismas e falacias, torpedos do discurso lóxico”

Artigo: ” Festa da filosofía no metaverso “

Artigo: “Tempos de frio moral”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (II)”

Artigo: “Avelino Muleiro: Trascendencia do irrelevante (I)”

Artigo: “Avelino Muleiro: O bico envelenado de Casandra”

Artigo: “Avelino Muleiro: A ocorrencia como contraargumento político”

Artigo: “Avelino Muleiro: Rebelión na caverna”

Artigo: “Avelino Muleiro:” A razón á caza e captura do azar e da causalidade””

Artigo: “Avelino Muleiro: “Derradeiros poemas de Manuel Vilanova”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: ” Vítimas baixo sospeita “”

Artigo: “A opinión de Avelino Muleiro: “Retablo de Nova York””

Artigo: ” Da imbecilidade á loucura pasando pola estupidez “

Artigo:” Filosofía delenda est “

Artigo: ” Fronteiras borrosas na realidade xeracional “

Artigo: ” Auf Widersehen, Viena. Dankeschön ”

Artigo: ” Encontros -imaxinarios-en Viena (III). Freud-2 “

Artigo: ” Encontros- imaxinarios- en Viena (II). Freud-1 “

Artigo: ” Avelino Muleiro : “Encontros –imaxinarios– en Viena (I)” “

Artigo: ” Festas do Nadal e a súa historia “

Artigo: ” O cerebro humano, esa caixa negra da nosa conduta “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (II) “

Artigo: ” Mente, cerebro e conciencia (I) “

Artigo: ” Pienso, luego Resisto “

Artigo: ” Da caverna platónica á nova Barataria “

Artigo: ” A linguaxe, instalada no idiolecto e na evolución social “

Artigo: ” Viaxe polas entrañas da hermenéutica “

Artigo: “A xustiza, entre o veo da ignorancia e a Intelixencia Artificial “

Artigo: ” Malos tratos e crueldade “

Artigo: ” Movementos feministas e ideoloxía de xénero “

Artigo: ” Dereitos humanos e dereitos dos animais “

Artigo: ” Violencia patolóxica “

Artigo: ” Posmodernidade e medios de comunicación “

Artigo: ” A ilusión da eterna xuventude e da inmortalidade: pode ser reversible o envellecemento? “

Artigo: ” Filosofía Médica (II): A historia da medicina e os seus retos actuais “

Artigo: ” Filosofía Médica (I) :Relación da medicina coa filosofía e coa ciencia “

Artigo: ” De quen son os fillos? “

Artigo : ” O Poder da Intelixencia Emocional “

Artigo : ” Devalo da Galicia interior

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( II ) “

Artigo : ” Filosofía Política: realismo e perversións políticas ( I ) “

Artigo : ” Negacionismo e represión social “

Artigo :Reclamos tóxicos

Artigo : Ditame aberto ás ideoloxías (II)

Artigo : ” Ditame aberto ás ideoloxías (I)  

Artigo : Crise de Valores

Artigo : ” A paz perpetua

Artigo : ” Científicos, expertos, médicos e filósofos

Artigo : ” Regreso ao futuro

Artigo : ” Parte de guerra

Artigo : ” Mario Bunge, embaixador do Carballiño

————————————————————————————————–

Curriculum de Avelino Muleiro García

-Licenciado en Filosofía pola Universidad dee Barcelona.
-Catedrático de Filosofía do Instituto Alexandre Bóveda (Vigo).
-Director durante seis cursos académicos do IB. Alexandre Bóveda.
-Profesor do Instituto Ausias March (Barcelona) no curso académico 1968-69.
-Profesor de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 1970-71 e 1971-72.
-Subdirector Xeral de Bacharelato da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (1986 e 1987).
-Fundador e presidente do partido político Nacionalistas de Galicia (NG).
-Co-fundador e actual presidente do Grupo Aletheia de Filosofía.
-Fundador e actual Director do Instituto de Estudios Carballiñeses.
-Director da revista Ágora do Orcellón.
-Presidente da asociación Álvaro das Casas.
-Vocal da asociación Amigos da Universidad de Vigo.
-Membro do consello de redacción do boletín Tres Campus (Amigos da Universidade de Vigo).
-Membro cofundador da Táboa da historia de Galicia.

Obras

Colaborador semanal de Diario16 (desde finales dos ochenta e comenzos dos noventa).
-Colaborador semanal de Atlántico Diario, durante cinco anos, co logotipo El Surco (en castellano) e Xermolo (en galego).
-Publicou traballos da súa especialidade (Nietzsche, Wittgenstein, Lóxica…) en libros e revistas filosóficas.
-Colaborador en libros e revistas culturales (Festa da palabraEncontros coa tradición. Conversas no RibeiroTres CampusVerbas aos mozos galegos, de Álvaro das Casas -en edición facsímile-, O Manifesto UCRA, de Álvaro das Casas –edición facsímile-, etc).
-Prologuista de varios libros (Nomes do Ribeiro -de Frutos Fernández-, Os nomes beiramariños –de Gerardo Sacau–, Mar adiante, as Xeiras dos Ultreias, etc).
-Coordinador do libro Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino, o neno labrego.