Este venres día 29 de setembro comeza unha nova tempada do Cine Club Carballiño coa proxección da película colombiana “Los reyes del mundo”, da directora Laura Mora. O filme foi o último gañador do Festival de San Sebastián, onde obtivo a Concha de Ouro e o Premio Zinemaldía da crítica, así como a triunfadora dos premios da Academia mexicana, onde foi considerada a mellor película iberoamericana.
Unha road movie viva e intensa, dura e fermosa á vez que nos conta a historia de cinco rapaces de Medellín que inician unha viaxe cara á nada onde pasa de todo. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán.